Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Venres, 13 de agosto de 2021 Páx. 40480

III. Outras disposicións

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

DECRETO 118/2021, do 29 de xullo, polo que se aproba o cambio de titularidade a prol do Concello de Cerdedo-Cotobade do treito inicial da estrada provincial EP-0401 Carballedo-Caroi situado entre os puntos quilométricos 0+000 e 0+450.

Segundo o teor do artigo 9.4 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, os cambios de titularidade das estradas ou treitos delas, cando non se trate de travesías urbanas ou treitos delas que estean incluídos no inventario de travesías da súa Administración titular, deberán ser aprobados por decreto da Xunta de Galicia, por proposta da consellería competente en materia de estradas e logo do acordo entre as administracións afectadas.

Por outra parte, a citada Lei de estradas dispón no artigo 9.7 que os cambios de titularidade poderán abranguer estradas, treitos delas, elementos funcionais e/ou espazos da zona de dominio público adxacente.

O Concello de Cerdedo-Cotobade e a Deputación de Pontevedra asinaron o día 9 de agostp de 2018 un convenio de colaboración para a execución do proxecto de «Reestruturación do espazo público e mellora da mobilidade do núcleo da Chan». A cláusula sétima deste convenio establece que, unha vez rematadas e recibidas as obras, se levará a cabo o procedemento de transferencia da vía obxecto delas por parte da Deputación Provincial de Pontevedra ao Concello de Cerdedo-Cotobade.

O 23 de xaneiro de 2020, asinouse a acta de recepción favorable das ditas obras e o Pleno da Deputación Provincial de Pontevedra na sesión levada a cabo o día 30 de abril de 2021 aceptou o cambio de titularidade a prol do concello dun treito de 450 metros lineais da EP-0401 Carballedo-Caroi, do punto quilométrico 0+000 ao punto quilométrico 0+450.

A Axencia Galega de Infraestruturas, de acordo co informe emitido polos servizos competentes, indica que a estrada provincial EP-0401 Carballedo-Caroi, situada entre o punto quilométrico 0+000 e o punto quilométrico 0-450, cumpre co estipulado no número 11 do artigo 18 do Regulamento xeral de estradas de Galicia, relativo aos cambios de titularidade de treitos de estradas a favor de administracións de menor ámbito territorial, polo que se formula a proposta favorable á transferencia de titularidade do treito que se define no artigo 1.

De conformidade co anteriormente exposto, por proposta da conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día vinte e nove de xullo de dous mil vinte e un,

DISPOÑO:

Artigo 1

Aprobar o cambio de titularidade a prol do Concello de Cerdedo-Cotobade de:

Clave

Denominación

PQi

PQf

EP-0401

Carballedo-Caroi

0+000

0+450

Artigo 2

En aplicación dos números 4 e 6 do artigo 10 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, o Concello de Cerdedo-Cotobade deberá modificar o seu catálogo de estradas para incluír os cambios de titularidade a que se refire este decreto.

Artigo 3

De acordo co establecido no artigo 9.6 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, o cambio de titularidade será efectivo o día seguinte ao da publicación deste decreto no Diario Oficial de Galicia. A entrega dos bens formalizarase no prazo dos dous meses seguintes a esta publicación mediante a sinatura da correspondente acta de entrega entre concello e deputación.

Artigo 4

Correspóndelle ao Concello de Cerdedo-Cotobade, a partir da formalización da entrega, todas as actividades de xestión, mantemento, conservación e explotación das vías, así como o exercicio das funcións de disciplina viaria e calquera outra que lle puidese corresponder como nova Administración titular das estradas.

Disposición derradeira

O presente decreto producirá efectos desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, vinte e nove de xullo de dous mil vinte e un

Alberto Núñez Feijóo
Presidente

Ethel Mª Vázquez Mourelle
Conselleira de Infraestruturas e Mobilidade