Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Xoves, 12 de agosto de 2021 Páx. 40471

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO de información pública sobre a modificación puntual do PXOM/13 no ámbito do paseo marítimo na antiga cetaria Otamar, execución da sentenza número 612/2016 (expediente 631/2019/101).

O Pleno municipal, na sesión que tivo lugar o 8 de xullo de 2021, acordou aprobar inicialmente o documento Modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal da Coruña no ámbito do Paseo marítimo na antiga cetaria Otamar. Documento para aprobación inicial. Xuño 2021, redactado pola Oficina de Planeamiento, S.A. e asinado polo arquitecto Alfonso Díaz Revilla e pola avogada Delfina Losa García.

En cumprimento do artigo 60.6 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e artigos 144.6 e 207 do seu regulamento (Decreto 143/16), o expediente sométese a información pública polo prazo de dous meses, contado desde o día seguinte ao da última das publicacións deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior difusión na provincia, para que as persoas interesadas poidan consultalo e formular, de ser o caso, as alegacións que consideren oportunas.

O contido íntegro da modificación aprobada pódese consultar fisicamente nas dependencias municipais de Urbanismo, das 9.00 ás 13.00 horas, con cita previa que se solicitará por escrito no Rexistro Municipal ou no enderezo electrónico registrourbanismo@coruna.es; na páxina web de Urbanismo do Concello https://coruna.gal/urbanismo, na epígrafe Exposición pública, ou ben desde a mesma web, a través do visor Desenvolvemento do Planeamento.

A Coruña, 14 de xullo de 2021

A alcaldesa
P.D. (Decreto 3847/2019, do 27.6.2019)
María Hernández García
Directora da Área de Urbanismo