Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Xoves, 12 de agosto de 2021 Páx. 40421

IV. Oposicións e concursos

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 30 de xullo de 2021 pola que se nomea profesora titular de universidade da área de coñecemento de Composición Arquitectónica.

De conformidade coa proposta da Comisión designada para xulgar o concurso de acceso que convocou esta universidade pola Resolución do 10 de maio de 2021 (BOE do 21 de maio), para a provisión da praza número 21/016 de profesora titular de universidade da área de coñecemento de Composición Arquitectónica, departamento de Proxectos Arquitectónicos, Urbanismo e Composición desta universidade, a favor de Mari Luz Paz Agras, con DNI núm. ***7926**, e unha vez que a persoa interesada acreditou os requisitos establecidos na convocatoria.

Esta reitoría, no uso das atribucións que lle confire o artigo 20 da Lei 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Mari Luz Paz Agras, profesora titular de universidade da área de coñecemento de Composición Arquitectónica, departamento de Proxectos Arquitectónicos, Urbanismo e Composición desta universidade.

No prazo máximo de vinte días, contado desde o día siguiente ao da publicación deste nomeamento no Boletín Oficial del Estado, a persoa candidata deberá tomar posesión do seu destino.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderá interpoñer un recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, que se contarán desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Previamente, e con carácter potestativo, poderá interpoñer un recurso de reposición ante esta reitoría, no prazo dun mes, de acordo co establecido nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro).

A Coruña, 30 de xullo de 2021

Julio E. Abalde Alonso
Reitor da Universidade da Coruña