Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Xoves, 12 de agosto de 2021 Páx. 40426

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ANUNCIO do 30 de xullo de 2021, da Xefatura Territorial da Coruña, de consignación do prezo xusto determinado polo Xurado de Expropiación de Galicia no expediente de expropiación IN407A 2016/3020-1, no concello de Ribeira.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese practicar...», mediante o presente anuncio infórmase da consignación do prezo xusto determinado polo Xurado de Expropiación de Galicia, máis os xuros correspondentes, no procedemento expropiatorio sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada repotenciación de dous tramos da LMT PMR806, no concello de Ribeira (expediente IN407A 2016/3020-1), correspondentes aos predios e ás titularidades que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla.

A Coruña, 30 de xullo de 2021

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN407A 2016/3020-1.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: repotenciación de dous tramos da LMT PMR806.

Concello: Ribeira.

Predio

Titularidade proposta

Depósito

Importe

2

Rosa Orellán García

839/2021

8,98 €

6

María Muñiz Muñiz

842/2021

28,17 €

8

Benita Martínez Suárez

843/2021

6,19 €