Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Mércores, 11 de agosto de 2021 Páx. 40319

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Escola Galega de Administración Pública

ANUNCIO do 15 de maio de 2021 polo que se fai pública a resolución da concesión dunha bolsa de formación para a xestión de procesos de avaliación e calidade.

Mediante a Resolución do 14 de decembro de 2020 (DOG núm. 3, do 7 de xaneiro de 2021) convocouse unha bolsa para a xestión de procesos de avaliación e calidade.

En cumprimento do establecido na base décimo segunda da dita Resolución do 14 de decembro de 2020, a comisión de avaliación examinou e valorou os méritos e realizou a entrevista ás persoas candidatas.

De acordo co exposto e coa obriga de publicidade recollida na base décimo terceira da Resolución do 24 de decembro de 2020, faise pública a Resolución da Dirección da EGAP, do 30 de abril de 2021, pola que se concede unha bolsa de formación para a xestión de procesos de avaliación e calidade, que literalmente di:

«En vista de todo o que antecede e da proposta do secretario xeral da EGAP,

RESOLVO:

Adxudicar a bolsa de referencia a Ana Moure Soengas, con NIF **5547***, por ser a candidata a que lle corresponde por orde de puntuación. As actividades de formación iniciaranse desde a data da súa incorporación na EGAP e finalizarán o 31 de decembro de 2021.

Esta resolución pon fin á vía administrativa e contra ela poderá interpoñerse, con carácter potestativo, recurso de reposición ante a directora da EGAP no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, nos termos dos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Asemade, cabe a interposición directa dun recurso contencioso-administrativo ante os xulgados do contencioso administrativo que resulten competentes, no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ao da devandita notificación ou publicación, de conformidade co establecido nos artigos 8.2.a) e 14 e 46.1, respectivamente, da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa».

Santiago de Compostela, 15 de maio de 2021

A directora da Escola Galega de Administración Pública
P.D. (Resolución do 17.12.2007; DOG núm. 3, do 2.1.2008)
Sergio Domingo Baamonde Boquete
Secretario xeral da Escola Galega de Administración Pública