Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Mércores, 11 de agosto de 2021 Páx. 40330

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Pontevedra

ANUNCIO de convocatoria de provisión do posto de traballo de xefatura do Servizo de Recadación Voluntaria e Executiva do ORAL.

No Boletín Oficial da provincia núm. 143, do 28 de xullo de 2021, publicáronse as bases da convocatoria de provisión do posto de traballo de xefatura do Servizo de Recadación Voluntaria e Executiva do ORAL, polo sistema de libre designación.

E no Boletín Oficial da provincia núm. 148, do 4 de agosto de 2021, publicouse unha rectificación de ditas bases.

O prazo para presentar as solicitudes e demais documentación será de 15 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación do estrato desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando proceda e de conformidade coas bases, faranse públicos na sede electrónica da deputación e no taboleiro de anuncios.

Pontevedra, 5 de agosto de 2021

A presidenta da Deputación Provincial de Pontevedra
P.D. (R.P. nº 2019012988, do 15.7.2019)
Carlos López Font
Deputado delegado de Réxime Interior, Economía, Facenda e ORAL