Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Martes, 10 de agosto de 2021 Páx. 40071

III. Outras disposicións

Consellería de Emprego e Igualdade

CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 14 de xullo de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras do Plan Galicia emprega de incentivos á contratación e á formación na empresa ordinaria, e se realiza a súa convocatoria para o ano 2021 (códigos de procedemento TR342C e TR342A).

Advertidos erros na citada orde, publicada no Diario Oficial de Galicia número 141, do luns 26 de xullo de 2021, procédese a efectuar as seguintes correccións:

Na páxina 37928, no punto 3 do artigo 16, onde di:

«Os beneficios establecidos á contratación nesta orde non poderán, en concorrencia con outras axudas públicas para a mesma finalidade, superar o 80 % do custo salarial dunha anualidade correspondente ao contrato que se subvenciona e deberán respectar os límites establecidos no Marco nacional temporal relativo ás medidas de axuda a empresas e autónomos, consistentes en subvencións directas, anticipos reembolsables, vantaxes fiscais, garantías de préstamos e bonificacións de tipos de xuro en préstamos destinadas a apoiar a economía no contexto do actual gromo da COVID-19, aprobado pola Decisión da Comisión Europea SA.56851 (2020/N), do 2 de abril de 2020) e as súas modificacións (Marco temporal)».

debe dicir:

«Os beneficios establecidos á contratación nesta orde non poderán, illadamente ou en concorrencia con outras axudas públicas para a mesma finalidade, superar o 80 % do custo salarial de dúas anualidades correspondente ao contrato que se subvenciona, no caso das contratacións indefinidas, ou o 80 % do custo salarial dunha anualidade correspondente ao contrato que se subvenciona, no caso das contratacións temporais, e deberán respectar os límites establecidos no Marco nacional temporal relativo ás medidas de axuda a empresas e autónomos, consistentes en subvencións directas, anticipos reembolsables, vantaxes fiscais, garantías de préstamos e bonificacións de tipos de xuro en préstamos destinadas a apoiar a economía no contexto do actual gromo da COVID-19, aprobado pola Decisión da Comisión Europea SA.56851 (2020/N), do 2 de abril de 2020) e as súas modificacións (Marco temporal)».

Na páxina 37933, no punto 3 do artigo 22, onde di:

«No suposto de transformacións de contratos temporais en indefinidos, serán subvencionables as transformacións de contratos temporais realizados con persoas mozas, mulleres e persoas con discapacidade ou en risco de exclusión social, sempre que o contrato temporal obxecto de transformación estivese vixente no momento da entrada en vigor desta orde de convocatoria».

debe dicir:

«No suposto de transformacións de contratos temporais en indefinidos, serán subvencionables as transformacións de contratos temporais realizados con persoas mozas, mulleres e persoas con discapacidade ou en risco de exclusión social, sempre que o contrato temporal obxecto de transformación estivese vixente con anterioridade á entrada en vigor desta orde de convocatoria».