Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Venres, 6 de agosto de 2021 Páx. 39540

IV. Oposicións e concursos

Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

ANUNCIO do 27 de xullo de 2021 da convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nesta axencia.

Anúnciase a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader).

As bases da convocatoria están ao dispor das persoas interesadas (persoal laboral fixo de Agader) no taboleiro de anuncios das dependencias da axencia e na web www.agader.xunta.gal

O prazo para presentar as solicitudes é de 15 (quince) días hábiles a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio.

Código e denominación do posto de traballo:

Código do posto: AGDR 05 01 00.

Denominación do posto: xefe/a da Área de Xestión de Mobilidade de Terras.

Santiago de Compostela, 27 de xullo de 2021

Inés Santé Riveira
Directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural