Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Venres, 6 de agosto de 2021 Páx. 39574

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de San Sadurniño

ANUNCIO de convocatoria para a provisión dunha praza de técnico/a de xestión mediante promoción interna.

Mediante Resolución da Alcaldía número 138/2021, foi aprobada a oferta de emprego público de 2021.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña núm. 120, do 29 de xuño de 2021, aparecen publicadas as bases reguladoras do proceso de selección de persoal funcionario para o acceso a unha praza de técnico/a de xestión por promoción interna, mediante concurso-oposición.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos na forma prevista nas propias bases.

San Sadurniño, 16 de xullo de 2021

Secundino García Casal
Alcalde