Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Venres, 6 de agosto de 2021 Páx. 39570

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ortigueira

ANUNCIO de requirimento de xestión da biomasa.

Ao ser preciso o cumprimento da obriga de xestión da biomasa vexetal e da retirada de árbores das especies incluídas na disposición adicional terceira da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, e conforme o establecido no artigo 22.3 da Lei 3/2007 e nos artigos 44 e 46.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos ou non sexa posible a notificación aos interesados, as notificacións efectuaranse por medio dun anuncio publicado no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial del Estado cos datos catastrais do terreo, e a eficacia do acto notificado quedará supeditada á publicación no Boletín Oficial del Estado.

Por medio deste anuncio comunícaselles ás persoas responsables a súa obriga de xestión da biomasa e/ou retirada das especies arbóreas prohibidas, para o cal son requiridas, e concédeselles un prazo máximo de quince (15) días naturais desde a publicación no Boletín Oficial del Estado do anuncio preceptivo.

Todas as parcelas están incluídas nun expediente conxunto 135/2021, á parte do específico.

Nº de expediente

Nome/DNI/CIF

Polígono

Parcela

742/2019

Teodoro Moreda, S.L. B27179738

10

229

742/2019

Descoñecido

10

2416

742/2019

Zauzana Juana hros.

10

312

742/2019

Maciñeira Lage Enrique hros.

13

91

742/2019

Maciñeira Rubido Genoveva

13

90

742/2019

Descoñecido

13

42

742/2019

Pena Teijeiro Aurora

13

44

742/2019

Pena Teijeiro Aurora

13

34

742/2019

López Alonso Josefa

13

35

742/2019

Descoñecido

13

33

742/2019

Descoñecido

13

30

857/2018

Castro Manuela

71

1139

857/2018

Martínez Cándido

71

1138

665/2019

Julias Lois Avelino

72

933

665/2019

Otero Hermida Domingo hros. 0******9W

72

936

665/2019

Otero Hermida Domingo hros. 0******9W

72

935

665/2019

Martínez Lorenzo Antonio Hermógenes hros. 3******4G

72

934

665/2019

Alonso Domínguez Olegaria hros. 7******5Z

72

932

1119/2018

Gómez Armada Manuel hros. 3******1F

79

860

1119/2018

García Cobelo Francisco

79

973

A liquidación provisional dos custos dunha eventual execución subsidiaria ascende ás seguintes tarifas que aplica o persoal de Seaga como referencia: traballos mecanizados (na súa maior parte): 874,91 € por ha, traballos manuais (na súa maior parte): 1.688,89 € por ha, corta polo pé, tronza, empillamento e saca mecanizada (con eliminación de residuos): 3.545,82 € por ha e roza, corta e rareo densidade media (con eliminación de residuos): 3.953,15 € por ha.

Ortigueira, 15 de xullo de 2021

Juan Vicente Penabad Muras
Alcalde