Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Venres, 6 de agosto de 2021 Páx. 39556

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

CORRECCIÓN DE ERROS. Anuncio do 13 de xullo de 2021, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se comunica a aprobación do acordo de concentración parcelaria da zona de Guillamil-Sabariz (Rairiz de Veiga-Vilar de Santos).

Advertidos erros no citado anuncio, publicado no Diario Oficial de Galicia número 144, do 29 de xullo de 2021, na páxina 38626, cómpre efectuar as seguintes correccións:

No título do anuncio, onde di: «zona de Guillamil-Sabariz (Rairiz de Veiga-Vilar de Santos)», debe dicir: «zona de Guillamil-Sabariz (Rairiz de Veiga)».

No primeiro parágrafo e no punto primeiro, onde di: «zona de Guillamil-Sabariz (Rairiz de Veiga-Vilar de Santos-Ourense)», debe dicir: «zona de Guillamil-Sabariz (Rairiz de Veiga-Ourense)».

No título do anuncio e nos puntos primeiro e segundo, onde di: «Acordo de concentración», debe dicir: «Acordo de reestruturación».