Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Xoves, 5 de agosto de 2021 Páx. 39350

IV. Oposicións e concursos

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 26 de xullo de 2021 pola que se nomea profesor titular de universidade da área de coñecemento de Didáctica da Expresión Plástica.

De conformidade coa proposta da comisión designada para xulgar o concurso de acceso que convocou esta universidade por Resolución do 10 de maio de 2021 (BOE do 21 de maio), para a provisión da praza número 21/011 de profesor titular de universidade da área de coñecemento de Didáctica da Expresión Plástica, departamento de Didácticas Específicas e Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación desta universidade, a favor de José María Mesías Lema, con DNI núm. ***4665** e unha vez que a persoa interesada acreditase os requisitos establecidos na convocatoria.

Esta reitoría, no uso das atribucións que lle confire o artigo 20 da Lei 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a José María Mesías Lema profesor titular de universidade da área de coñecemento de Didáctica da Expresión Plástica, departamento de Didácticas Específicas e Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación desta universidade.

No prazo máximo de vinte días, contados desde o día seguinte ao da publicación deste nomeamento no Boletín Oficial del Estado, a persoa candidata deberá tomar posesión do seu destino.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, que se contarán desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Previamente, e con carácter potestativo, poderá interpoñer recurso de reposición ante esta reitoría, no prazo dun mes, de acordo co establecido nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro).

A Coruña, 26 de xullo de 2021

Julio E. Abalde Alonso
Reitor da Universidade da Coruña