Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Xoves, 5 de agosto de 2021 Páx. 39380

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 22 de xullo de 2021, da Xefatura Territorial de Vigo, polo que se notifica o inicio do expediente PSC-PO-0465/2021-PPM e sete máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio o inicio do expediente PSC-PO-0465/2021-PPM e sete máis.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado, polo que o prazo para presentar alegacións se computará desde esa publicación.

As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da Xefatura Territorial da Consellería do Mar, sitas na rúa Concepción Arenal, 8, 4º andar, Vigo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do acordo de inicio e constancia de tal coñecemento.

As persoas interesadas dispoñen dun prazo de 15 días para achegar cantas alegacións, documentos ou informacións xulguen pertinentes e, de ser o caso, propoñer proba concretando os medios de que pretendan valerse, segundo o disposto no artigo 64.2.f) da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

De non efectuar alegacións sobre o contido do acordo de inicio no prazo previsto no artigo citado, poderá ser considerado proposta de resolución, cos efectos previstos para esta no artigo 89.2 da Lei 39/2015, do 1 do outubro, de conformidade co establecido no artigo 64.2.f) citado.

Vigo, 22 de xullo de 2021

Sonia Lorenzo Santos
Xefa territorial de Vigo

ANEXO

Nº de expediente

DNI/NIF/NIE

Acto que se notifica

Enderezo

PSC-PO-0465/2021-PPM

76896969B

Inicio

Antonio Machado, 18, 3º C, Vitoria-Gasteiz

PSC-PO-0494/2021-PPM

53112794K

Inicio

Montero Ríos, 91, 3º, Bueu

PSC-PO-0517/2021-PPM

35456527A

Inicio

Sol, 70, 4º C, O Grove

PSC-PO-0550/2021-COP

35439906B

Inicio

Burgueira, 28, Vilaxoán, Vilargacía de Arousa

PSC-PO-0556/2021-PPM

35964921M

Inicio

Dr. Corbal, 20, 3º B, Vigo

PSC-PO-0563/2021-PRE

54468573L

Inicio

A Caleira, 18, 1º B, Vigo

PSC-PO-0588/2021-TRA

36039314Q

Inicio

San Pedro, 36, Redondela

PSC-PO-0597/2021-PPM

15490106C

Inicio

Lamoseiros, 37, Poio