Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Xoves, 5 de agosto de 2021 Páx. 39275

III. Outras disposicións

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 29 de xullo de 2021 pola que se anuncia a convocatoria da selección de centros para participar no proxecto Digicraft en tu Cole no marco do Plan Digitalent durante o curso 2021/22, ampliar a participación dos centros seleccionados no curso 2019/20 e formalizar a participación na actividade formativa para os centros seleccionados no curso 2020/21.

Coa finalidade de proceder á implementación nos centros escolares sostidos con fondos públicos que impartan educación primaria da Comunidade Autónoma de Galicia do proxecto Digicraft en tu Cole no marco do Plan Digitalent, durante o curso 2021/22, ampliar a participación dos centros seleccionados no curso 2019/20 e formalizar a participación na actividade formativa para os centros seleccionados no curso 2020/21, resolvo anunciar:

Primeiro. Que na páxina web da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional (www.edu.xunta.gal) estará dispoñible a convocatoria de selección de centros para participar no proxecto Digicraft en tu Cole no marco do Plan Digitalent durante o curso 2021/22, ampliar a participación dos centros seleccionados no curso 2019/20 e formalizar a participación na actividade formativa para os centros seleccionados no curso 2020/21.

Segundo. Que o prazo de presentación de solicitudes será desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia ata o 16 de setembro de 2021 (inclusive).

Terceiro. Que os centros deberán cubrir a solicitude que figura como anexo I da convocatoria e presentala na sede electrónica da Xunta de Galicia mediante o procedemento xenérico PR004A, e dirixirán a solicitude á Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) de Presidencia.

Ademais, remitirase copia da solicitude e da documentación ao correo electrónico digicraft@edu.xunta.es segundo os prazos establecidos.

Santiago de Compostela, 29 de xullo de 2021

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia