Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Mércores, 4 de agosto de 2021 Páx. 39107

III. Outras disposicións

Consellería de Emprego e Igualdade

ORDE do 16 de xullo de 2021 pola que se concede a Medalla Emilia Pardo Bazán para o recoñecemento de accións relevantes en prol da igualdade entre mulleres e homes.

O Decreto 53/2019 prevé a concesión, con carácter anual, de ata un máximo de tres condecoracións, baixo a denominación Medalla Emilia Pardo Bazán, para o recoñecemento de accións relevantes en prol da igualdade entre mulleres e homes, coa finalidade de recoñecer publicamente as accións desenvolvidas na Comunidade Autónoma de Galicia por parte de persoas, colectivos, entidades ou institucións, tanto públicas como privadas, que teñan contribuído e destacado na defensa da igualdade de dereitos e oportunidades entre mulleres e homes.

O artigo 14 do Decreto 53/2019 prevé que a concesión da medalla se efectuará por orde da persoa titular da consellería con competencias en materia de igualdade, a quen lle corresponderá adoptar a decisión de outorgar a medalla ás persoas propostas pola Comisión de Valoración.

Tendo en conta a proposta efectuada pola Comisión de Valoración o día 16 de xullo de 2021 e o previsto no artigo antes indicado, mediante esta orde concédese a Medalla Emilia Pardo Bazán ás persoas e entidades que se indican a seguir.

Por todo o exposto,

DISPOÑO:

Conceder a Medalla Emilia Pardo Bazán a:

– Asociación Mirabal.

– Zaza Ceballos González-Llanos.

– María Jesús Díaz Sánchez (Marijé Díaz).

Santiago de Compostela, 16 de xullo de 2021

María Jesús Lorenzana Somoza
Conselleira de Emprego e Igualdade