Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Mércores, 4 de agosto de 2021 Páx. 39193

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 2 de xullo de 2021, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, polo que se somete a información pública a documentación da revisión da autorización ambiental integrada da fábrica de queixo que Queserías Entrepinares, S.A., posúe no concello de Vilalba (expediente 2020-IPPC-M-25).

Para os efectos previstos no Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación (BOE núm. 316, do 31 de decembro), faise público que por espazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, quedará exposto o documento titulado:

– Queserías Entrepinares, S.A. Revisión de autorización ambiental integrada. Xuño de 2021.

Para que calquera interesado poida consultalos e, se é o caso, formular no citado prazo as alegacións, suxestións ou observacións que considere oportunas, os documentos estarán á disposición dos administrados, en horario de atención ao público, nas seguintes dependencias:

– Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación (rúa San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela).

Ademais, poderán acceder a esta información na páxina web da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda (http://cmatv.xunta.gal>>medio ambiente e sostibilidade>> prevención e control de actividades>>autorización ambiental integrada>>proxectos en información pública).

Santiago de Compostela, 2 de xullo de 2021

María Sagrario Pérez Castellanos
Directora xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade
e Cambio Climático

ANEXO

Memoria resumo

Clave do expediente: 2020-IPPC-M-25.

Peticionario: Queserías Entrepinares, S.A. (e Proláctea, S.A.).

NIF: A47037296.

Domicilio social: avenida de Santander, nº 140, polígono industrial Las Arenas, Valladolid.

Localización da instalación: parque empresarial de Vilalba, ampliación segunda, parcela P-56 (Lugo).

Actividade: fábrica de queixo en formato barra e untable, produción de nata, manteiga, leite termizado e soro/leite en po, englobada no anexo I do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación; epígrafe 9.1.c).

Descrición das instalacións: a planta consta de varias edificacións para a actividade industrial que se organizan en naves de fabricación dos diferentes produtos, almacéns e zonas de expedición. Tamén consta de silos de almacenamento de materia prima, naves de servizos, oficinas, laboratorio e estación depuradora de augas residuais industriais.

Verteduras:

• Os efluentes de augas residuais de proceso, de limpeza, de recollida de leite, de silos, de limpeza de máquinas, de lavadoiro de camións, de báscula, de zona de descarga de cisternas (recepción), planta de soro, etc., e sanitarias son vertidas ao medio logo de tratamento na estación depuradora de augas residuais (EDAR).

• As augas pluviais que circulan polo resto das instalacións da planta son vertidas sen tratamento previo ao colector municipal de augas pluviais.