Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Martes, 3 de agosto de 2021 Páx. 39069

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Emprego e Igualdade

ANUNCIO do 20 de xullo de 2021, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifica o inicio do procedemento sancionador por infracción da persoa traballadora ou asimilada, beneficiaria de prestacións por desemprego (expediente 18-05-2021/2.2.B).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non se puidesen efectuar faranse por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), co contido sinalado no artigo 46 da mesma lei, e a súa eficacia quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

Polo anterior, e despois de intentar a notificación persoal no domicilio que consta nos nosos arquivos, notifícaselle á persoa traballadora ou asimilada, beneficiaria e solicitante de prestacións por desemprego que se sinala no anexo, a comunicación de inicio do procedemento sancionador por infracción na orde social. A seguir publícase este anuncio, que terá efectos a partir do día seguinte ao da súa publicación no BOE.

Sen prexuízo do anterior, e en virtude do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.

Así mesmo, fáiselle saber á persoa interesada que segundo o disposto no punto 3 do artigo 37 bis, do Regulamento xeral sobre procedementos para a imposición de sancións por infraccións na orde social e para os expedientes liquidatorios de cotas da Seguridade Social, aprobado polo Real decreto 928/1998, do 14 de maio, dispón dun prazo de quince (15) días hábiles seguintes ao da publicación do presente anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), para presentar por escrito en calquera dos lugares recollidos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as alegacións que considere oportunas, documentalmente acreditadas, e dirixilas á oficina de emprego que lle corresponda.

Para o coñecemento e constancia do texto íntegro do acto que se notifica, a persoa interesada durante ese prazo poderá comparecer ante as dependencias da oficina de emprego que corresponda das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Advírteselle á persoa interesada que se, transcorrido o dito prazo, non achega alegacións en tempo e forma, ditarase a correspondente resolución por parte desta xefatura territorial, que dispón dun prazo de seis (6) meses, desde a data do acordo, para notificarlle a resolución pertinente.

Lugo, 20 de xullo de 2021

A xefa territorial de Lugo
P.A. (Artigo 57.3 do Decreto 215/2020, do 3 de decembro)
Patricia Dans Grela
Xefa do Servizo de Coordinación Administrativa e Xestión Económica

anexo

Persoa interesada

Nº expediente

Acto que se notifica

Concello

Alfri Antonio de La Rosa Rosso

18-05-2021/2.2.B

Inicio procedemento sancionador

Lugo