Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Martes, 3 de agosto de 2021 Páx. 39043

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Universidade

ORDE do 22 de xullo de 2021 pola que se extingue, de oficio, a autorización do centro privado de educación especial de Régoa, de Cedeira, por cesamento de actividades docentes.

Mediante a Orde do 29 de abril de 1997 (DOG do 28 de maio) autorízase a apertura e funcionamento do centro privado de educación especial de Régoa, de Cedeira.

A Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos incoa o expediente de extinción da autorización do centro docente, de conformidade co establecido no Decreto 133/1995, do 10 de maio, de autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias, e coa Orde do 20 de setembro de 1995 que o desenvolve.

Por canto antecede, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Artigo 1. Extinción da autorización

Extinguir, de oficio, por cesamento nas súas actividades docentes, a autorización do centro privado de educación especial de Régoa, de Cedeira (A Coruña), código 15027681, con efectos do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Artigo 2. Inscrición no rexistro de centros

A extinción da autorización dará lugar á correspondente inscrición no Rexistro de Centros da Comunidade Autónoma de Galicia.

Disposición derradeira primeira. Recursos

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes (1), contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben, directamente, o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous (2) meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 22 de xullo de 2021

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Universidade