Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Martes, 3 de agosto de 2021 Páx. 39078

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 20 de xullo de 2021, da Xefatura Territorial de Vigo, polo que se notifica o requirimento para facerse cargo dun ben incautado no expediente sancionador PESAN1 2010/953-5 e dous máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselles ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio o requirimento para facerse cargo dun ben incautado.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE), polo que o prazo para presentar o recurso computará desde esa publicación.

As persoas interesadas dispoñen dun prazo de seis meses, contado a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, para facerse cargo do ben incautado.

Os expedientes que se relacionan no anexo están á disposición das persoas interesadas nas oficinas da Xefatura Territorial da Consellería do Mar, sitas na rúa Concepción Arenal, nº 8, 4º andar, Vigo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Vigo, 20 de xullo de 2021

Sonia Lorenzo Santos
Xefa territorial de Vigo

ANEXO

Nº de expediente

DNI/NIF/NIE

Enderezo

PESAN1 2010/953-5

35280992G

Rúa do Pico, 12, baixo, Meira, Moaña

PESAN1 2012/329-5

506503658

Lugar de Soutelo, Branca Albergaría-a-Velha (Portugal)

PESAN1 2012/431-5

35280992G

Rúa do Pico, 12, baixo, Meira, Moaña