Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Luns, 2 de agosto de 2021 Páx. 38892

III. Outras disposicións

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 15 de xullo de 2021, da Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, pola que se dá publicidade das axudas concedidas ao abeiro da Orde do 3 de agosto de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas, en réxime de concorrencia competitiva, a proxectos de cooperación interterritoriais e transnacionais dos grupos de acción local do sector pesqueiro (GALP), para o desenvolvemento sustentable das zonas de pesca no marco do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP) 2014-2020, ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP) (Diario Oficial de Galicia número 166, do 2 de setembro), modificada pola Orde do 29 de decembro de 2020 (Diario Oficial de Galicia número 15, do 25 de xaneiro de 2021) (código de procedemento PE155B).

De conformidade co establecido no artigo 15.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia «Os órganos administrativos concedentes publicarán no Diario Oficial de Galicia as subvencións concedidas con expresión da convocatoria, o programa e o crédito orzamentario a que se imputen, beneficiario, cantidade concedida e finalidade ou finalidades da subvención».

Na súa virtude,

RESOLVO:

Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia das axudas concedidas, na convocatoria de 2021, con cargo á aplicación orzamentaria 15.03.723C.780.1 para o financiamento de proxectos de cooperación interterritoriais e transnacionais dos grupos de acción local do sector pesqueiro (GALP), ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP) aprobadas pola Consellería do Mar aos grupos de acción local do sector pesqueiro (GALP), cofinanciadas nun 85 % polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP).

Santiago de Compostela, 15 de xullo de 2021

Susana Rodríguez Carballo
Directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro

ANEXO

Aplicación 15.03.723C.780.1

Proxecto

Beneficiario

Total

Acercamento do sector pesqueiro, marisqueiro e acuícola aos centros de ensino para a remuda xeracional. Remuda xeracional II

GALP Ría de Arousa (representante)

14.386,90

GALP A Mariña Ortegal

14.386,90

GALP Golfo Ártabro Norte

14.386,90

GALP Ría de Pontevedra

14.386,90

GALP Ría de Vigo-A Guarda

14.386,90

GALP Golfo Ártabro Sur

14.386,90

Importe total

86.321,40

Repercusión do papel dos GALP nas zonas costeiras de Galicia. Un antes e un despois

GALP Golfo Ártabro Norte (representante)

17.514,75

GALP Seo Fisterra, Ría Muros-Noia. Costa Sostible

17.514,75

GALP Ría de Arousa

17.514,75

GALP Ría de Pontevedra

17.514,75

GALP Golfo Ártabro Sur

17.514,75

Importe total

87.573,75

Riquezas do mar, tesouros do profundo

GALP Seo Fisterra, Ría Muros-Noia. Costa Sostible (representante)

37.189,32

GALP Costa da Morte

50.189,32

GALP Golfo Ártabro Sur

58.511,32

Importe total

145.889,96

Un mar en común. A afouteza da xente do mar

GALP Ría de Pontevedra (representante)

12.458,20

GALP A Mariña Ortegal

6.262,50

GALP Golfo Ártabro Norte

6.262,50

GALP Golfo Ártabro Sur

6.262,50

Importe total

31.245,70