Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Xoves, 29 de xullo de 2021 Páx. 38547

III. Outras disposicións

Universidade de Vigo

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 12 de xullo de 2021 pola que se publica o plan de estudos de máster universitario en Industria 4.0.

Advertido erro na dita resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia número 140, do venres 23 de xullo, cómpre facer a seguinte corrección:

Na páxina 37750, a continuación do sumario, suprímense os seguintes parágrafos:

«Para a obtención do título de máster universitario en Industria 4.0, o alumnado deberá superar os 60 ECTS de que consta o máster: 54 ECTS obrigatorios e 6 ECTS optativos (cursarase 1 materia optativa de 3 ECTS en cada cuadrimestre).

Resolución do 12 de xullo de 2021 pola que se publica o plan de estudos de máster universitario en Industria 4.0».