Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Xoves, 29 de xullo de 2021 Páx. 38633

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Mazaricos

ANUNCIO de aprobación inicial da modificación puntual das normas subsidiarias do planeamento para a fixación de aliñacións no núcleo rural de Suevos (expediente 2021/X999/000109).

O Pleno municipal, en sesión extraordinaria que tivo lugar o 28 de xuño de 2021, acordou aprobar inicialmente a modificación puntual das normas subsidiarias do planeamento municipal do Concello de Mazaricos (NSP) para a fixación de aliñacións no núcleo rural de Suevos, segundo a documentación técnica redactada polo arquitecto Isidro López Yáñez (col. 2261 COAG).

O que se somete a información pública por un prazo de dous meses en cumprimento dos artigos 60 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia e 144 do Regulamento da Lei do solo, co fin de que as persoas que se consideren afectadas por ela poidan examinar o expediente e deducir, de ser o caso, as alegacións ou observacións que xulguen oportunas.

O documento técnico, o resumo executivo e os trámites contidos no expediente poderán consultarse na Oficina Técnica Municipal.

Mazaricos, 1 de xullo de 2021

Juan J. Blanco Riveiro
Alcalde