Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Xoves, 29 de xullo de 2021 Páx. 38631

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

ANUNCIO do 14 de xullo de 2021, de emprazamento para o trámite de audiencia ditado no expediente de reposición da legalidade urbanística PON/331/2019-RP1.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas, publícase o emprazamento o interesado con documento nacional de identidade 53488092M o trámite de audiencia ditado no expediente de reposición da legalidade urbanística PON/331/2019-RP1, en relación coas obras consistentes en instalación dun remolque, que se levan a cabo nas inmediacións da rúa Xiabre, parroquia de Guillán, no termo municipal de Vilagarcía de Arousa, provincia de Pontevedra.

O expediente relacionado atópase á disposición das interesadas na Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland, Salgueiriños, Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

O interesado disporá dun prazo de 15 días hábiles, contados a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación deste anuncio, para alegar e presentar os documentos e informacións que xulgue pertinentes.

Para que conste e lles sirva de notificación as citadas interesadas, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, expido e asino este anuncio.

Santiago de Compostela, 14 de xullo de 2021

Jacobo Hortas García
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística