Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Xoves, 29 de xullo de 2021 Páx. 38626

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 13 de xullo de 2021, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se comunica a aprobación do acordo de concentración parcelaria da zona de Guillamil-Sabariz (Rairiz de Veiga-Vilar de Santos).

Ponse en coñecemento de todos os interesados na concentración parcelaria da zona de Guillamil-Sabariz (Rairiz de Veiga-Vilar de Santos-Ourense) declarada de utilidade pública e urxente execución polo Decreto 253/2001, do 20 de setembro (DOG nº 197, do 10 de outubro), o seguinte:

Primeiro: con data 30 de xuño de 2021, a directora xeral de Desenvolvemento Rural aprobou o Acordo de concentración parcelaria da zona de Guillamil-Sabariz (Rairiz de Veiga-Vilar de Santos-Ourense).

Segundo: o Acordo de concentración seralle notificado individualmente a cada un dos afectados e estará exposto ao público nos concellos de Rairiz de Veiga, Vilar de Santos e na zona. Os documentos que se poden examinar no citados concellos refírense aos predios de substitución onde constan as situacións xurídicas derivadas das parcelas de procedencia, as fichas de atribucións, os planos e outros.

Terceiro: de conformidade co disposto polo artigo 36 da Lei 4/2015, do 17 de xuño, de mellora da estrutura territorial agraria de Galicia, no prazo de un mes, contado desde o día seguinte ao da notificación individual, poderá vostede interpoñer recurso de alzada, ante o conselleiro do Medio Rural.

Os recursos poderanse presentar no rexistro da Xefatura Territorial da Xunta de Galicia de Ourense, sito na rúa Florentino L. Cuevillas, nº 4-6, baixo; no rexistro xeral da Consellería do Medio Rural, sito no Edificio Administrativo San Caetano, s/n, de Santiago de Compostela; ou en calquera das dependencias ás que fan referencia o artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Os planos do acordo están accesibles en internet, na páxina web da Consellería do Medio Rural, no enderezo:

https://ovmediorural.xunta.gal/gl/consultas-publicas/concentracions-parcelarias-procesos

Ourense, 13 de xullo de 2021

Luis Jorge Álvarez Ferro
Xefe territorial de Ourense