Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Xoves, 29 de xullo de 2021 Páx. 38620

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 9 de xullo de 2021, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, polo que se publica a Resolución do 25 de xuño de 2021 relativa ao acto de conciliación formulada polos representantes dos montes veciñais en man común A Hedrada, pertencente á Comunidade de Montes Veciñais en Man Común da Hedrada, e o Monte Veciñal en Man Común de Sabuguido, pertencente á Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Sabuguido, no concello de Vilariño de Conso.

Examinada a solicitude de conciliación formulada polos representantes do MVMC A Hedrada, pertencente á CMVMC da Hedrada, e o MVMC de Sabuguido, pertencente á CMVMC de Sabuguido, no concello de Vilariño de Conso, resultan os seguintes

Feitos:

Primeiro. Con data do 17 de febreiro de 2020 o presidente da CMVMC da Hedrada presentou un escrito no rexistro electrónico da Xunta de Galicia (nº 2020/rx 345798) relativo a un acto de deslindamento entre os montes veciñais en man común da Hedrada e de Sabuguido.

Coa solicitude achegou a seguinte documentación:

Acta de conciliación, acta de deslindamento, plano de deslindamento e certificado de aprobación das comunidades.

Memoria descritiva.

Capa shape puntos de deslindamento. Capa shape liña de deslindamento.

Segundo. O informe do Servizo de Montes da Xefatura Territorial de Ourense do 11 de xaneiro de 2021 considera que a solicitude se axusta ao establecido no artigo 53 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia.

Polo que o Servizo de Montes propúxolle ao Xurado a aprobación do deslindamento, se ben co seguinte condicionado:

O sentido do informe favorable refírese exclusivamente ao deslindamento proposto entre os vértices 3 e 7. Entre os puntos 1 e 3 deberá xeorreferenciarse a liña de deslindamento e acordarse mediante outro procedemento que inclúa a CMVMC de San Mamede de Hedrada e a CMVMC de Soutogrande, tamén afectadas segundo consta nos respectivos expedientes de clasificación.

Ademais, o punto 7 servirá unicamente para definir a dirección da liña de perímetro estremeiro, desde o punto 6 ata o límite coas propiedades particulares que na acta do deslindamento se localiza no punto i.

Consideracións legais e técnicas:

Primeiro. A presente resolución dítase o abeiro do artigo 53 do Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, aprobado polo Decreto 260/1992, de 4 de setembro, e de conformidade co disposto na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Segundo. O artigo 53 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, recolle o procedemento a seguir no deslindamento entre montes veciñais en man común e establece que o xurado provincial de montes veciñais en man común, logo do exame da documentación presentada, dite resolución que será publicada no Diario Oficial de Galicia e notificada ás comunidades interesadas.

De acordo cos feitos e fundamentos de dereito expostos, o Xurado Provincial en Man Común acordou por unanimidade o día 21 de abril de 2021:

Aprobar o acto de conciliación acadado polas xuntas reitoras dos MVMC A Hedrada, pertencente á CMVMC da Hedrada e o MVMC de Sabuguido, pertencente á CMVMC de Sabuguido, no concello de Vilariño de Conso, de acordo coas consideracións realizadas no informe do Servizo de Montes do 11 de xaneiro de 2021.

Contra esta resolución, que pon fin a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense no prazo dun mes, ou ben, directamente, recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao desta notificación, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e nos artigos 8 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Ourense, 9 de xullo de 2021

Luis Jorge Álvarez Ferro
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais
en Man Común de Ourense