Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Mércores, 28 de xullo de 2021 Páx. 38403

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ANUNCIO do 13 de xullo de 2021, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se convocan os interesados ao acto de levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica de regulamentación LMT ALB 803 apoio D38-8, no concello do Carballiño, na provincia de Ourense.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non se puidesen efectuar faranse por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), e a súa eficacia quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

Polo anterior, e sendo infrutuosa a notificación efectuada aos propietarios dos predios que se sinala no anexo, xa que son descoñecidos, a continuación publícase este anuncio que terá efectos a partir do día seguinte ao da súa publicación no BOE; sen prexuízo do anterior, e en virtude do disposto no sinalado artigo 44, este anuncio publicarase tamén no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Mediante o presente anuncio convócanse todas as persoas interesadas ao acto de levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada regulamentación LMT ALB 803 apoio D38-8, no concello do Carballiño, na provincia de Ourense, segundo o calendario e o horario que se sinala no cadro anexo que máis abaixo se detalla.

Ao acto deberán comparecer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os bens afectados, por si ou representadas por persoa debidamente autorizada, exhibindo o seu DNI/NIF, así como os documentos acreditativos da titularidade.

Ourense, 13 de xullo de 2021

Pablo Fernández Vila
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Relación de afectados descoñecidos, de domicilio ignorado ou non notificados

Nº de expediente: IN407A 2021/13-3.

Entidad beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Termo municipal: O Carballiño.

Denominación da instalación: regulamentación LMT ALB 803 apoio D38-8 (O Carballiño).

Predio nº: 1.

Lugar: Monte Queimado.

Referencia catastral: 32020A037014220000RP.

Titular: descoñecido.

Data: 29.9.2021.

Hora: das 12.45 ás 13.00 horas.

Lugar: Casa do Concello do Carballiño.