Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Mércores, 28 de xullo de 2021 Páx. 38438

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 14 de xullo de 2021, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica a resolución do expediente PSC-FE-0011/2021-PPM e dez máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio a resolución do expediente PSC-FE-0011/2021-PPM e dez máis.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE), polo que o prazo para presentar o recurso se computará desde esa publicación.

As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da sede da Xefatura Territorial da Consellería do Mar, sitas na avenida Gerardo Harguindey Banet, 2, Viveiro, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da resolución e constancia de tal coñecemento.

Contra a resolución do expediente de referencia, que non pon fin á vía administrativa, poderá a persoa interesada interpoñer recurso de alzada ante a conselleira do Mar no prazo dun mes, contado o dito prazo a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do BOE, de conformidade co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, en relación coa disposición transitoria terceira, alínea c), da mesma lei.

A Coruña, 14 de xullo de 2021

A xefa territorial da Coruña
P.A. (Resolución do 16.4.2021)
Miguel Gómez Losada
Xefe do Servizo de Desenvolvemento Pesqueiro da Coruña

ANEXO

Nº de expediente

DNI/NIF/NIE

Acto que se notifica

Enderezo

PSC-FE-0011/2021-PPM

32709113P

Resolución

Lg. Pazos, 48 C, Serantes, Ferrol

PSC-FE-0012/2021-PPM

71608786B

Resolución

Lg. Pazos, 48 C, Serantes, Ferrol

PSC-FE-0015/2021-PPM

32677026Y

Resolución

Rúa Piñeiro, ptl. 2, 2º D, Ferrol

PSC-FE-0018/2021-PPM

32997057S

Resolución

Lg. Pazos, 48 C, Serantes, Ferrol

PSC-FE-0023/2021-PPM

32713551F

Resolución

R/ Costa da Silva, 1, Neda

PSC-FE-0026/2021-PPM

32656094G

Resolución

Rúa O Cristo, 9, Mugardos

PSC-FE-0028/2021-PPM

32654491B

Resolución

R/ Alexandre Bóveda, 5, 1º C, Mugardos

PSC-FE-0029/2021-PPM

32728252B

Resolución

R/ 25 de Xullo, 26-28, 2º esqda., Narón

PSC-FE-0036/2021-PRE

32691297V

Resolución

R/ Pérez Lugín, 1 , 1º A, Cariño

PSC-FE-0038/2021-PPM

32652740P

Resolución

R/ Bispo Argaya Goicoechea, 23, 3º esqda., Narón