Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Martes, 27 de xullo de 2021 Páx. 38261

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Emprego e Igualdade

ANUNCIO do 13 de xullo de 2021, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifican diversos expedientes sancionadores por infraccións das persoas traballadoras ou asimiladas, beneficiarias e solicitantes de prestacións por desemprego.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non se puidesen efectuar faranse por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), co contido sinalado no artigo 46 da mesma lei, e a súa eficacia quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

Polo anterior, e despois de intentar a notificación persoal no domicilio que consta nos nosos arquivos, notifícaselles ás persoas traballadoras ou asimiladas, beneficiarias e solicitantes de prestacións por desemprego que se sinalan no anexo, as comunicacións de inicio ou resolucións do procedemento sancionador por infraccións na orde social. A seguir publícase o presente anuncio, que terá efectos a partir do día seguinte ao da súa publicación no BOE.

Para o caso de comunicacións de inicio do procedemento sancionador outórgaselles un prazo de quince (15) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE para alegar o que consideren conveniente, presentando a documentación que consideren oportuna.

Para o caso de resolucións do procedemento sancionador a resolución sancionadora esgota a vía administrativa e poderá interpoñer, dentro do prazo de trinta (30) días hábiles desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, reclamación administrativa previa, conforme o previsto no artigo 71 da Lei 36/2011, do 10 de outubro, reguladora da xurisdición social. Contra as resolucións das reclamacións administrativas previas en materia de prestacións da Seguridade Social que esgotan a vía administrativa cabe formular demanda perante o Xulgado do Social competente, no prazo de dous meses seguintes a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

Para o coñecemento do texto íntegro do acto que se notifica e constancia deste coñecemento, a persoa interesada poderá comparecer debidamente acreditada na oficina de emprego que corresponda, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Sen prexuízo do anterior e en virtude do disposto no citado artigo 44, parágrafo segundo da Lei 39/2015, do 1 de outubro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 13 de xullo de 2021

Judit Fontela Baró
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Interesado/a (DNI/NIE)

Nº expediente

Acto que se notifica

Concello

49208966Y

49208966Y/02-02-2021/2.1.D

Resolución de procedemento sancionador

Cee

Y2372885N

Y2372885N/02-02-2021/2.1.E

Comunicación de inicio de procedemento sancionador

Betanzos

X1929143H

X1929143H/11-03-2021/2.1.E

Comunicación de inicio de procedemento sancionador

Ferrol

32626061D

32626061D/04-05-2021/2.1.E

Comunicación de inicio de procedemento sancionador

Ferrol

47352409D

47352409D/18-05-2021/2.1.D

Comunicación de inicio de procedemento sancionador

Cee

79311010H

79311010H/14-05-2021/2.1.D

Comunicación de inicio de procedemento sancionador

Carballo

32782911E

32782911E/28-05-2021/2.1.E

Comunicación de inicio de procedemento sancionador

Betanzos

32757137P

32757137P/29-03-2021/2.1.E

Comunicación de inicio de procedemento sancionador

Coruña, A