Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Luns, 26 de xullo de 2021 Páx. 38120

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

ANUNCIO do 12 de xullo de 2021 polo que se notifica a apertura do período de proba ditado no expediente de reposición da legalidade urbanística PON/43/2020-RP1.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, publícase a notificación da apertura do período de proba, de 30 días hábiles, á interesada con documento nacional de identidade 35583217D no expediente de reposición da legalidade urbanística PON/43/2020-RP1, en relación coas obras levadas a cabo nunha vivenda sita no Camiño Ferreira, nº 18, parroquia de Teis, no termo municipal de Vigo, provincia de Pontevedra.

Para que conste e lle sirva de notificación a citada interesada, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, expido e asino este anuncio.

Santiago de Compostela, 12 de xullo de 2021

Jacobo Hortas García
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística