A Xefatura Territorial de Ourense da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación fai público que a directora xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, por delegación de competencias do vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, asinou o 3 de xuño a resolución de autorización de aproveitamento lúdico das augas termais no Espazo termal de uso lúdico da Chavasqueira cos seguintes datos:
Solicitante: Concello de Ourense.
Nome do manancial: Caldas do Bispo 70.
Sección: B.
Recurso: augas termais.
Coordenadas: UTM (ETRS 89), fuso 29: X:592.416,17 Y:4.688.914,26 e X:592.409,46 Y:4.688.908,50.
Termo municipal: Ourense (parroquia Santa Ana do Pino).
O que se fai publico de conformidade co disposto no artigo 10 da Lei 8/2019, do 23 de decembro, de regulación do aproveitamento lúdico das augas termais de Galicia.
En cumprimento das obrigas de publicidade recollidas no artigo 29 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, esta resolución poderá examinarse no portal da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación:
https://ceei.xunta,gal/transparencia/informacion-publica/autorizacions-administrativas/instalacions-mineiras
Ourense, 22 de xuño de 2021
Pablo Fernández Vila
Xefe territorial de Ourense