De conformidade co disposto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro), despois de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia. É tamén de aplicación o artigo 44 desta lei, segundo o cal esta notificación ten que ser feita no BOE, e a súa data de publicación é a que determina a eficacia do acto notificado.
O acto foi adoptado pola instrutora do expediente.
A comparecencia deberase efectuar, no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Servizo Xurídico-Administrativo da Xefatura Territorial do Medio Rural sita na rúa Vicente Ferrer, nº 2, Edificio Administrativo Monelos, 3º andar, ala sur (A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao desta publicación.
A Coruña, 9 de xullo de 2021
José Manuel Santos Maneiro
Xefe territorial da Coruña
ANEXO
Expediente: INC-CO-0025-2021 BIO.
DNI denunciado: 53165622H.
Acto de notificación: proposta de resolución