Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Venres, 23 de xullo de 2021 Páx. 37752

III. Outras disposicións

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 12 de xullo de 2021 pola que se publica o plan de estudos de máster universitario en Dirección TIC para a Defensa.

Obtida a verificación do plan de estudos polo Consello de Universidades, logo de informe favorable da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia, así como a autorización da Comunidade Autónoma de Galicia, e establecido o carácter oficial do título polo Acordo do Consello de Ministros do 29 de novembro de 2019 (publicado no Boletín Oficial del Estado do 17 de decembro pola Resolución do secretario xeral de Universidades do 3 de decembro).

Esta reitoría, de conformidade co disposto no artigo 35.4 da Lei orgánica 6/2001, de universidades, na redacción dada pola Lei orgánica 4/2007, resolve publicar o plan de estudos conducente á obtención do título oficial de Máster universitario en Dirección TIC para a Defensa pola Universidade de Vigo.

Vigo, 12 de xullo de 2021

Manuel Joaquín Reigosa Roger
Reitor da Universidade de Vigo

ANEXO

Máster universitario en Dirección TIC para a Defensa pola Universidade de Vigo

Código RUCT: 4316941.

Rama de coñecemento: Enxeñaría e Arquitectura.

Universidades participantes: Universidade de Vigo.

Cadro 1. Distribución de créditos ECTS segundo o tipo de materia.

Tipo de materia

Créditos ECTS

Obrigatorias

41

Optativas

13

Traballo fin de máster

6

Créditos totais

60

Cadro 2. Contido do plan de estudos.

Materia

ECTS

Carácter

Curso

Módulos

Goberno, dirección e xestión TIC

3

OB

Módulo 1:

Común

Xestión de procesos TIC e mellora continua

4

OB

Xestión de servizos e calidade do servizo

4

OB

Enxeñaría de sistemas e xestión de proxectos TIC

4

OB

Deseño de arquitecturas TIC

3

OB

Transformación dixital e innovación

3

OB

Planificación e xestión de infraestruturas TIC

4

OB

Redes e sistemas de telecomunicación

3

OB

Sistemas de información

3

OB

Seguridade da información

3

OB

Xestión da seguridade e análise de riscos

4

OB

Normativa e lexislación

3

OB

Sistemas de comunicacións ópticos e inalámbricos

3

OP

Módulo 2:

Especialidade de Sistemas e Tecnoloxías de Telecomunicación (TEL)

Redes de banda larga

3

OP

Sistemas de comunicacións vía satélite, de posicionamento, teledetección e radionavegación

3

OP

Seguridade en sistemas de telecomunicacións

4

OP

Sistemas de computación

3

OP

Módulo 3:

Especialidade de Sistemas e Tecnoloxías da Información (INF)

Almacenamento e xestión de información

3

OP

Servizos e aplicacións software

3

OP

Seguridade en sistemas de información

4

OP

Traballo fin de máster

6

OB

Módulo 4:

Traballo fin de máster

Para a obtención do título de Máster universitario en Dirección TIC para a Defensa, o alumnado deberá superar os 60 ECTS de que consta o máster: 47 ECTS obrigatorios e 13 ECTS optativos dunha das dúas especialidades que se ofertan:

1) Especialidade de Sistemas e Tecnoloxías de Telecomunicación (TEL).

2) Especialidade de Sistemas e Tecnoloxías da Información (INF).

Opcionalmente, cabería a posibilidade de que o estudantado decida cursar total ou parcialmente a outra especialidade, sempre supeditado á autorización previa do Ministerio de Defensa, resultando un máximo de 73 ECTS.