Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Venres, 23 de xullo de 2021 Páx. 37813

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ANUNCIO do 8 de xullo de 2021, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se notifica a varios interesados a solicitude de declaración de utilidade pública do proxecto do parque eólico Rodicio II (expediente IN408A 2020/42) nos concellos de Maceda e de Montederramo, na provincia de Ourense.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non se puidesen efectuar faranse por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE) e a súa eficacia quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

Polo anterior, e sendo infrutuosa a notificación efectuada aos propietarios dos predios que se sinalan no anexo, publícase este anuncio que terá efectos a partir do día seguinte ao da súa publicación no BOE; sen prexuízo do anterior, e en virtude do disposto no sinalado artigo 44, este anuncio publicarase tamén no Diario Oficial de Galicia.

Así mesmo, infórmaselles de que o expediente correspondente á instalación de referencia está á súa disposición durante un prazo de trinta (30) días nas dependencias da Xefatura Territorial da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación en Ourense na rúa Curros Enríquez, nº 1, 3º andar (Servizo de Enerxía e Minas), no dito prazo poderán presentar as alegacións ou observacións que coiden oportunas.

O proxecto tamén se encontra dispoñible para a súa consulta no portal da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación na ligazón:

https://ceei.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-de-xeracion

Ourense, 8 de xullo de 2021

Pablo Fernández Vila
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Relación de afectados descoñecidos, de domicilio ignorado ou non notificados

Número de expediente: IN408A 2020/42.

Termo municipal: concello de Maceda e concello de Montederramo (Ourense).

Denominación da instalación: parque eólico Rodicio II.

Afeccións en m2.

Parcela

Interesado/a

Pol.

Parc.

Paraxe

Cultivo

Servidume de paso

Servidume de voo

Vía

Gabia

43

Descoñecido

86

125

Pena do Lagarto

Matogueira

64

97

59

Suárez, Manuel

67

119

Lanxeira

Matogueira

15

77

64

López Álvarez, María

86

326

Fonte do Frade

Matogueira

41

84

Prieto Pérez, José

86

165

Tras da Peizada

Matogueira

1.428