Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Xoves, 22 de xullo de 2021 Páx. 37591

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ames

ANUNCIO de modificación das bases do proceso selectivo para a cobertura por promoción interna dunha praza de oficial xardineiro/a.

Por Acordo da Xunta de Goberno local, en sesión celebrada o día 27 de maio de 2021, adoptouse o seguinte acordo de modificación das bases do proceso selectivo para a cobertura por promoción interna dunha praza de oficial xardineiro:

Primeiro. Modificar a base quinta das bases do proceso selectivo para a cobertura dunha praza de oficial xardineiro, contida na oferta de emprego público do Concello de Ames de 2018 (promoción interna), aprobadas mediante Acordo da Xunta de Goberno local do 18 de febreiro de 2021 (BOP nº 37, do 25 de febreiro) eliminando a necesidade de publicación no BOE. A base que se modifica queda co seguinte contido:

«Quinta. Publicidade

A convocatoria, xunto co texto íntegro da bases reguladoras, serán obxecto de publicación no Boletín Oficial da provincia (BOP), no taboleiro de anuncios da sede electrónica, así como na web municipal. Ademais, tamén se realizará, posteriormente, un anuncio desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia (DOG), que abrirá o prazo formal de presentación de solicitudes por parte dos/das interesados/as, que debe contar cunha referencia á publicación previamente realizada no BOP. Os restantes e sucesivos anuncios derivados destas convocatoria e proceso selectivo, así como das actuacións do tribunal, inseriranse unicamente no taboleiro de anuncios e na web municipal, agás as resolucións de aprobación de lista provisional e definitiva de admitidos/as, que tamén se publicarán no BOP, igual que a resolución final sobre o/a aspirante finalmente seleccionado/a para a cobertura da vacante convocada, que tamén será obxecto de publicación no DOG»”

Segundo. Modificar o prazo de presentación de solicitudes de participación no proceso selectivo establecendo que se iniciará o día seguinte á publicación no DOG da presente modificación.

Terceiro. Publicar o acordo de modificación das bases do proceso selectivo no BOP e no DOG.

Cuarto. Dar traslado deste acordo aos departamentos afectados para os efectos oportunos.

Quinto. Facultar o alcalde do Concello de Ames para cantas actuacións de trámite sexan precisas para a mellor execución do acordado.

Ames, 3 de xuño de 2021

José Blas García Piñeiro
Alcalde