Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Mércores, 21 de xullo de 2021 Páx. 37441

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Emprego e Igualdade

ANUNCIO do 7 de xullo de 2021, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifican as resolucións de diversos expedientes sancionadores por infraccións das persoas traballadoras ou asimiladas, beneficiarias de prestacións por desemprego (expediente 17-01-2020/2.1.E e catorce máis).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non se puidesen efectuar faranse por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), co contido sinalado no artigo 46 da mesma lei, e a súa eficacia quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

Polo anterior, e despois de intentar a notificación persoal nos domicilios que constan nos nosos arquivos, notifícanselles ás persoas traballadoras ou asimiladas, beneficiarias e solicitantes de prestacións por desemprego que se sinalan no anexo, as resolucións do procedemento sancionador por infraccións na orde social. A seguir publícase o presente anuncio, que terá efectos a partir do día seguinte ao da súa publicación no BOE.

Sen prexuízo do anterior, e en virtude do disposto no citado artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.

Así mesmo, faíselles saber que a resolución sancionadora esgota a vía administrativa e poderán interpoñer, dentro do prazo de trinta (30) días hábiles desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), reclamación administrativa previa ante esta xefatura territorial, conforme o previsto no artigo 71 da Lei 36/2011, do 10 de outubro, reguladora da xurisdición social. Contra a resolución da reclamación administrativa cabe interpoñer recurso ante os órganos xurisdicionais da orde social, no prazo de dous (2) meses seguintes a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

Para o coñecemento e constancia do texto íntegro do acto que se notifica, as persoas interesadas poderán presentarse ante esta xefatura territorial de Lugo, situada na rolda da Muralla, nº 70, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a viernes.

Advírtese ás persoas interesadas de que, se non interpoñen o recurso en tempo e forma, a resolución adquirirá firmeza.

Lugo, 7 de xullo de 2021

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Persoa interesada

Nº expediente

Acto que se notifica

Concello

1

Ilie Laurentiu Girua

17-01-2020/2.1.E

Resolución procedemento sancionador

Guitiriz

2

Aziz Saidi

13-01-2020/2.1.E

Resolución procedemento sancionador

Lugo

3

Juan Carlos Luna Fernández

29-10-2019/2.1.A

Resolución procedemento sancionador

Pol

4

Noemi Esteban Ruíz

23-01-2020/2.1.E

Resolución procedemento sancionador

Lugo

5

Darleny Mariel Jerez Sosa

27-01-2020/2.1.E

Resolución procedemento sancionador

Lugo

6

Minerva Bello Santiago

03-02-2020/2.1.E

Resolución procedemento sancionador

Monforte de Lemos

7

Angel Pena Fernández

23-09-2019/2.2.A

Resolución procedemento sancionador

Lugo

8

Anastasjas Joha Ringenwald

12-02-2020/2.1.E

Resolución procedemento sancionador

Monforte de Lemos

9

Jonathan Folgueira Prieto

18-10-2019/2.1.D

Resolución procedemento sancionador

Castro de Rei

10

Antonio Carlos dos Santos Vieira

04-02-2020/2.1.E

Resolución procedemento sancionador

Lugo

11

Vasile Robert Ghet Vasile

21-02-2020/2.1.E

Resolución procedemento sancionador

Lugo

12

Fernando García Jiménez

27-02-2020/2.1.E

Resolución procedemento sancionador

Lugo

13

Yinet Marte López

02-11-2019/2.1.A

Resolución procedemento sancionador

Lugo

14

Diego Santos Gil

21-02-2020/2.1.A

Resolución procedemento sancionador

Lugo

15

Diego Santos Gil

16-01-2020/2.1.A

Resolución procedemento sancionador

Lugo