Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Mércores, 21 de xullo de 2021 Páx. 37377

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Cultura, Educación e Universidade

ORDE do 13 de xullo de 2021 pola que se anuncia a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nesta consellería.

De conformidade co establecido no artigo 92 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e no artigo 16 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, e no uso das atribucións conferidas polo artigo 17.2.c) da citada lei, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Anunciar a convocatoria para cubrir, polo sistema de libre designación, o posto de traballo vacante que se relaciona no anexo I desta orde.

Segundo. Poderán concorrer a ela os/as funcionarios/as de carreira que reúnan as condicións para o posto de traballo que se sinala no anexo I.

Terceiro. As solicitudes para participar na presente convocatoria presentaranse no Rexistro Xeral da Xunta de Galicia, ou por calquera dos medios que establece o artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, no prazo de quince (15) días contados a partir do seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, segundo o modelo que se inclúe como anexo II.

Cuarto. As persoas aspirantes deberán xuntar á súa solicitude un currículo e xustificar mediante certificación ou copia compulsada os méritos que aleguen.

Quinto. Esta convocatoria será resolta pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade. No caso de que resulte seleccionado/a para ocupar o posto de traballo que se anuncia no anexo I desta orde un/unha funcionario/a de carreira con destino noutra Administración pública, tramitarase o seu traslado a esta comunidade autónoma conforme o previsto no artigo 67 do Real decreto 364/1995, do 10 de marzo, e demais disposicións concordantes.

Sexto. A resolución desta convocatoria publicarase no Diario Oficial de Galicia e poderase declarar deserta de considerarse oportuno.

Sétimo. O prazo de toma de posesión será de tres días hábiles, se non implica cambio de residencia, ou de sete días hábiles, se comporta cambio de residencia. Cando o/a adxudicatario/a do posto obteña coa súa toma de posesión o reingreso ao servizo activo, o prazo será de vinte días hábiles.

O prazo posesorio cóntase a partir do día seguinte ao do cesamento, que deberá producirse dentro dos tres días hábiles seguintes ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia, ou desde a data en que se comunique a resolución do traslado á Comunidade Autónoma, para o caso de funcionarios/as doutras administracións públicas. Se a resolución comporta o reingreso ao servizo activo, o prazo de toma de posesión cóntase a partir do día seguinte ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia.

Oitavo. Contra a presente orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpor recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Cultura, Educación e Universidade no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderán impugnala directamente ante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 13 de xullo de 2021

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Universidade

ANEXO I

Código do posto: CU.401.00.000.15770.001.

Denominación do posto: secretario/a do/da director/a xeral.

Centro directivo: Dirección Xeral do Patrimonio Cultural.

Localidade: Santiago de Compostela.

Tipo de posto: N.

Corpo ou escala: xeral.

Grupo: C1-C2.

Nivel: 18.

Complemento específico: 7.059,92 euros.

Tipo de adscrición: (A11) adscrición indistinta a funcionarios/as da Xunta de Galicia, Estado e comunidades autónomas.

Formación específica: (641) para persoal doutra Administración, curso de iniciación de galego (R.I.).

missing image file