Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Mércores, 21 de xullo de 2021 Páx. 37430

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo

ANUNCIO do 1 de xullo de 2021, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifican varias resolucións ditadas no procedemento de inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia (expediente LU-2021/0043 e un máis).

Consonte o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselles ás persoas cuxos datos se mencionan no anexo as resolucións de desistencia e arquivamento ditadas no procedemento de inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia, porque non foi posible a notificación persoal aos interesados (expedientes LU-2021/0043 e LU-2020/0169).

As resolucións foron ditadas pola persoa titular da Xefatura Territorial.

O texto íntegro dos actos que se notifican, xunto cos seus respectivos expedientes, están á disposición das persoas interesadas na sede da Xefatura Territorial de Lugo, na rolda da Muralla, núm. 70, 1º, Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

As resolucións notificadas non poñen fin á vía administrativa, polo que poden ser impugnadas en alzada ante a persoa titular da Dirección Xeral de Xustiza no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Logo de transcorrer o dito prazo sen que conste a interposición de recurso, as resolucións devirán firmes.

Lugo, 1 de xullo de 2021

O xefe territorial de Lugo
P.S. (Orde do 29.6.2021)
Alejandro Alcalde Varela
Xefe do Servizo de Xestión Técnico-Administrativa e Interior

ANEXO

Núm. expediente

DNI/NIE/outro

Acto notificado

LU-2021/0043

33304109V

C01382379

Resolución de desistencia e arquivamento

LU-2020/0169

AV587474

33342132K

Resolución de desistencia e arquivamento