De conformidade co disposto no artigo 49.3 e 49.4 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, e no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e dado que non foi posible practicar a notificación,
DISPOÑO:
1. Informar os interesados, que se relacionan no anexo, dos emprazamentos en relación cos procedementos interpostos perante o TSXG contra as resolucións de prezo xusto.
2. Así mesmo, informar os interesados de que desde o Xurado de Expropiación de Galicia lle foron remitidos os citados expedientes ao TSXG, por petición deste.
3. Notificar aos interesados para que, en cumprimento do disposto no artigo 49 da Lei reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, poidan comparecer e constituírse como parte nos autos ante o TSXG no prazo de nove días contados desde o día seguinte ao da publicación desta cédula.
4. A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado e, en consecuencia, para que conste e lles sirva de notificación aos interesados, expido e asino esta cédula.
Santiago de Compostela, 5 de xullo de 2021
Patricia Ulloa Alonso
Presidenta do Xurado de Expropiación de Galicia
ANEXO
Proxecto |
Persoas que se notifican |
Data do acto que se notifica |
Nº de |
Predio |
01924 Subest. colectora xeración 132/400 kV Ludrio e liña colectora Ludrio eixe sur: tramo 1, 132 kV-Set Ludrio-Set parque eólico Monciro. Exp. IN407A 2017/6-0 |
José Gandoy González |
14.5.2021 |
2020000850 |
34 |
José Gandoy González |
14.5.2021 |
2020000851 |
35 |
|
José Gandoy González |
14.5.2021 |
2020000852 |
36 |