Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Martes, 20 de xullo de 2021 Páx. 37188

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 5 de xullo de 2021 pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante no cadro de persoal funcionario de administración e servizos.

Mediante Resolución da Xerencia, do 29 de abril de 2021 (DOG nº 88, do 11 de maio) convócase a provisión, polo sistema de libre designación, do posto de traballo que se relaciona no anexo desta resolución.

De conformidade co establecido no artigo 92 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e no 19 do Regulamento de mobilidade de persoal de administración e servizos da USC, o 2 de xullo de 2021 emitiuse o informe motivado por parte da Vicerreitoría de Investigación e Innovación en relación co posto convocado. No dito informe especifícanse tanto os criterios de interese xeral considerados como prioritarios para decidir o nomeamento, como os méritos e capacidades que a candidata proposta reúne para o desempeño do posto de traballo.

Acreditada a observancia do procedemento, así como o cumprimento por parte da candidata dos requisitos e especificacións exixidos na convocatoria, o xerente no exercicio das competencias delegadas que se lle recoñecen pola Resolución reitoral do 30 de abril de 2020,

dispón:

Primeiro. Resolver a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, efectuada pola Resolución da Xerencia, do 29 de abril de 2021, e adxudicar o posto convocado á persoa que se relaciona no anexo desta resolución.

Segundo. O destino adxudicado será irrenunciable, agás que antes de rematar o prazo de toma de posesión se obtivese outro destino mediante convocatoria pública; neste caso, quedará obrigada a interesada a comunicarllo á Xerencia no prazo de tres (3) días.

Terceiro. O prazo para tomar posesión do novo destino será de tres (3) días hábiles se non implica cambio de residencia ou de sete (7) días hábiles se comporta cambio de residencia. No caso de que a persoa adxudicataria do posto reingrese ao servizo activo, o prazo para a toma de posesión será dun (1) mes.

Cuarto. O prazo para tomar posesión empezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Quinto. O cómputo dos prazos posesorios iniciarase cando finalicen os permisos ou licenzas de maternidade ou paternidade concedidos á persoa interesada. Igual tratamento terán os supostos de incapacidade temporal, en que o cómputo do prazo posesorio iniciarase a partir da correspondente alta.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer un recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous (2) meses, contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, as persoas interesadas poderán interpoñer un recurso potestativo de reposición no prazo de un (1) mes perante o órgano que a ditou. Neste caso non se poderá interpoñer o recurso contencioso-administrativo antedito mentres non recaia resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro dos artigos 123 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 5 de xullo de 2021

Antonio Javier Ferreira Fernández
Xerente da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO

Denominación do posto: Xefatura de Área de Xestión de Investigación.

Número de praza: PF000959.

Subgrupo: A1/A2.

Nivel: 28.

Complemento específico: 30.091,32 €.

Quenda: mañá.

Localidade: Santiago de Compostela.

Apelidos e nome: Casal Reyes, Maruxa.

NIF: ***8185**.