De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia.
O acto foi adoptado por quen se indica no anexo.
A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), na sede desta xefatura territorial, sita na rúa do Paseo, nº 18-5º andar, de Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.
A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE).
Ourense, 6 de xullo de 2021
Victoria Núñez López
Xefa territorial en Ourense
ANEXO
Expediente |
Interesado/a |
Acto notificado |
Acto adoptado polo/a |
OU-RES-2021-034 |
José Luis Vigo Soto |
Acordo |
Xefa territorial |
OU-RES-2021-035 |
Tican Tudor Laus |
Proposta |
Instrutor |
OU-RES-2021-036 |
Raúl Montoya Salazar |
Proposta |
Instrutor |
OU-RES-2021-039 |
Diego Silva Álvarez |
Proposta |
Instrutor |
OU-RES-2021-045 |
Raúl Stefan Plesca |
Acordo |
Xefa territorial |
OU-RES-2021-047 |
Nicusor Dragoi |
Acordo |
Xefa territorial |
OU-RES-2021-058 |
Florina Alina Grozavu Emanuel Patru |
Acordo |
Xefa territorial |
OU-RES-2021-069 |
Pablo Pereira Rodríguez |
Acordo |
Xefa territorial |