De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase ás persoas interesadas, que se sinalan no anexo deste anuncio, o inicio do expediente PSC-CO-469/2021-PPM e catro máis.
A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE), polo que o prazo para presentar alegacións computarase desde esa publicación.
As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da sede da Xefatura Territorial da Consellería do Mar, sitas na rúa Ramón y Cajal, nº 2, 5º, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do acordo de inicio e constancia de tal coñecemento.
As persoas interesadas dispoñen dun prazo de quince (15) días para achegar cantas alegacións, documentos ou informacións xulguen pertinentes e, de ser o caso, propoñer proba concretando os medios de que pretendan valerse, segundo o disposto no artigo 64.2.f) da Lei 39/2015, do 1 de outubro.
De non efectuaren alegacións sobre o contido do acordo de inicio no prazo previsto no artigo citado, este poderá ser considerado proposta de resolución, cos efectos previstos para esta no artigo 89.2 da Lei 39/2015, do 1 do outubro, de conformidade co establecido no artigo 64.2.f) citado.
A Coruña, 6 de xullo de 2021
Mª José Cancelo Baquero
Xefa territorial da Coruña
ANEXO
Nº de expediente |
DNI/NIF/NIE |
Acto que se notifica |
Enderezo |
PSC-CO-469/2021-PPM |
33299516R |
Inicio |
Cimadevila, 6, Boiro |
PSC-CO-475/2021-PPM |
52452351T |
Inicio |
Quinteiro, 136, Cespón, Boiro |
PSC-CO-478/2021-PPM |
76779858Q |
Inicio |
Triñanes, 72, Abanqueiro, Boiro |
PSC-CO-483/2021-PPM |
52454385X |
Inicio |
Principal, Edif. Barcelos, P-A-1º D, Boiro |
PSC-CO-489/2021-PPM |
53481137L |
Inicio |
Miguel Rodríguez Bautista, 2, 1º, Ribeira |