De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46, da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administración públicas, a través deste anuncio que se publicará no Boletín Oficial del Estado, emprázase a persoa citada no anexo, para proceder á notificación das resolucións ditadas nos procedementos que se indican no referido anexo instruído de conformidade co disposto no artigo 172 e seguintes do Código civil, por ignorarse o lugar de notificación.
Para o coñecemento íntegro das resolucións, á persoa interesada por sí ou a través do seu representante legal poderá comparecer no prazo de dez (10) días hábiles desde o día seguinte á publicación do presente anuncio no Boletín Oficial del Estado nas dependencias do Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, da Xefatura Territorial de Vigo, da Consellería de Política Social, na rúa Concepción Arenal, nº 8, 1º andar, en Vigo, de luns a venres laborais e das 9.00 ás 14.00 horas. Transcorrido o prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida ao vencemento do dito prazo establecido para comparecer.
Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada a súa publicación no Boletín Oficial del Estado.
Advírtese que contra as resolucións poderá interpoñerse recurso ante o Xulgado de Primeira Instancia de Vigo que por quenda corresponda, no prazo de dous (2) meses e/ou no prazo de dous (2) anos no caso de oposición ás resolucións administrativas, se for o caso, desde o día seguinte ao notificación da resolución, practicada por comparecencia, de conformidade co disposto no artigo 172.2 do Código civil.
Vigo, 22 de xuño de 2021
Mª José Pérez-Izaguirre López
Xefa territorial de Vigo
ANEXO
Nº de expedientes: 2006/208-36 e 2010/6-36.
DNI: 48533001B.
Acto que se notifica: resolucións administrativas do 4 de maio de 2021 e do 7 de maio de 2021.
Efectos xurídicos que produce a resolución: establecemento e mantemento de medida administrativa.