Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Luns, 19 de xullo de 2021 Páx. 36949

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

RESOLUCIÓN do 24 de xuño de 2021, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se conceden as autorizacións administrativas previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Quintela de Leirado (expediente IN407A 2021/75-3).

Visto o expediente para o outorgamento das autorizacións administrativas previa e de construción da instalación eléctrica que a seguir se describe, tal e como se recollen no proxecto asinado en Tui (Pontevedra) polo enxeñeiro técnico industrial Rubén Francisco Fernández Vayo, colexiado nº 2.880 do COITI Vigo, do 18 de xuño de 2021, e con visado nº 22100982, do 22 de xuño de 2021, do sinalado colexio profesional.

Solicitante: San Miguel 2000 Distribución Eléctrica, S.L.U.; CIF:B32274680.

Domicilio social: rúa Coruña, nº 20, 36700 Tui (Pontevedra).

Denominación: modificación CTA Campo Real.

Situación: lugar de Campo Real do concello de Quintela de Leirado (Ourense).

Orzamento: 8.835,62 €.

Características técnicas: reforma do CTA de Campo Real do expediente nº 3064 AT.

Substitución do transformador aéreo-intemperie sobre apoio de formigón, que pasa de 25 a 100 kVA e R/T 20.000/400-230 V, con refrixeración natural en baño de aceite. Dotación de novos cadros de BT e de compensación de reactiva. Situación en coordenadas xeográficas con latitude: 42° 06’ 20.1” N e lonxitude: 8° 08’ 34.5” W; fuso 29.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Resolución da Consellería de Economía e Industria, do 19 de febreiro de 2014, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54, do 19 de marzo), así como na Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro), esta xefatura territorial resolve:

Conceder as autorizacións administrativas previa e de construción ás devanditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ao proxecto arriba sinalado e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten de aplicación e en especial as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

O prazo de posta en marcha da instalación que se autoriza será de seis (6) meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación no prazo dun (1) mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que se considere pertinente.

Ourense, 24 de xuño de 2021

Pablo Fernández Vila
Xefe territorial de Ourense