Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Luns, 19 de xullo de 2021 Páx. 36936

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ACORDO do 23 de xuño de 2021, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa e de construción dunha subestación no concello do Incio (expediente 2020/08 AT).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro), no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310, do 27 de decembro), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e a Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, sométese a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción, en concreto, da seguinte subestación:

Denominación: proxecto de execución denominado nova subestación O Incio 220 kV.

Solicitante: Red Eléctrica España, S.L.U.

Domicilio social: paseo Conde de los Gaitanes,177. 28109 Alcobendas (Madrid).

Características técnicas principais:

• Subestación 220 kV O Incio; proxéctase:

Un sistema de alta tensión de 220 kV de intemperie en configuración de dobre barra, con catro posicións de liña (Belesar, Lomba, ADIF 1 e ADIF 2), unha de peche de barras (ACP) e dúas de reserva.

• A composición de cada unha das posicións de liña esta formada por:

Aparellaxe convencional:

3 transformadores de tensión en liña.

3 pararraios de óxido de cinc.

Equipamento compacto con illamento en SF6.

1 seccionador de liña tripolar con coitelas de posta á terra motorizado.

3 transformadores de intensidade.

1 interruptor tripolar.

2 seccionadores de barras tripolares motorizados.

• A posición de peche de barras estará formada por:

3 transformadores de intensidade.

2 seccionadores de barras tripolares motorizados.

1 interruptor tripolar.

• A medida de barras 220 kV con aparellaxe convencional estará formada por:

3 trafos de tensión para medida en barras 1.

3 trafos de tensión para medida en barras 2.

O que se fai público facendo constar que, durante o prazo de trinta días contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, o proxecto está ao dispor do público, para a súa consulta, no Servizo de Enerxía e Minas da Xefatura Territorial de Lugo da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación (rolda da Muralla, 70, 27071 Lugo, das 9.00 as 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa no correo electrónico enerxia.lugo@xunta.es), así como no Concello do Incio (Lugo). Ademais, tamén se poderá consultar no portal web da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, a través da seguinte ligazón:

https://ceei.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte

As posibles alegacións presentaranse durante o prazo sinalado de trinta (30) días, dirixidas á Xefatura Territorial de Lugo da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, en calquera das oficinas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Lugo, 23 de xuño de 2021

Gustavo José Casasola de Cabo
Xefe territorial de Lugo