Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Luns, 19 de xullo de 2021 Páx. 36953

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 1 de xullo de 2021, da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, do procedemento de inscrición no Rexistro Galego de Identificación de Animais de Compañía relativo ao trámite de audiencia á persoa interesada.

Con data do 12 de maio de 2021, no expediente de inscrición no Rexistro Galego de Identificación de Animais de Compañía (Regiac) do animal con número de microchip 941000019447249, concedeuse trámite de audiencia á persoa interesada.

Intentada a notificación deste trámite e ao non ser posible levala a cabo, notifícase mediante este anuncio, de acordo co previsto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Expediente: inscrición no Rexistro Galego de Identificación de Animais de Compañía (Regiac) do animal con número de microchip 941000019447249.

Persoa interesada: Francisco Javier Nieto Míguez.

Acto administrativo que se notifica: audiencia á persoa interesada.

«O día 12 de abril de 2021 tivo entrada no Rexistro da Xunta de Galicia unha solicitude para que se anulase a solicitude de inscrición do animal con número de microchip 941000019447249 e nome Pepa no Rexistro Galego de Identificación de Animais de Compañía (Regiac), realizada por Francisco Javier Nieto Míguez, motivada en que non é a persoa propietaria do referido animal.

Revisada a documentación remitida polo veterinario actuante para a inscrición no Regiac con data do 27 de febreiro de 2017, obsérvase que Francisco Javier Nieto Míguez consta como solicitante da inscrición do citado animal malia a solicitude de inscrición estar asinada por outra persoa, e non consta ningunha documentación que xustifique a dita circunstancia.

Así pois, atendendo á súa condición de persoa interesada, e en virtude do recollido no artigo 82.2. Lei 39/2015, do 1 de outubro, dáselle un prazo de dez días, desde a recepción desta notificación, para formular as alegacións e achegar os documentos e xustificantes que xulgue oportunos que acrediten a citada circunstancia.

No suposto de que vostede non formule alegacións no prazo establecido, darase por realizado o trámite de audiencia e continuarase co procedemento da revisión de inscrición no Rexistro Galego de Identificación de Animais de Compañía (Regiac) do animal con número de microchip 941000019447249».

Santiago de Compostela, 1 de xullo de 2021

Belén María do Campo Piñeiro
Directora xeral de Patrimonio Natural