Mediante este anuncio faise público que pola resolución da Xefatura Territorial de Vigo da Consellería do Mar, do 18 de xuño de 2021, se autoriza a transmisión da titularidade do establecemento de acuicultura que se describe:
Tipo de establecemento: parque de cultivos mariños.
Identificación e localización: parcela número 656 dos planos anexos ao documento de revisión dos parques de moluscos do Carril, termo municipal de Vilagarcía de Arousa.
Superficie: 346 m².
Data da resolución do outorgamento: 24.10.2019 (DOG núm. 208, do 31 de outubro).
Remate da vixencia: 1.11.2029.
Especies autorizadas: ameixa fina (Ruditapes decussatus), ameixa babosa (Venerupis corrugata), ameixa xaponesa (Ruditapes philippinarum), berberecho (Cerastoderma edule) e berberecho birollo (Cerastoderma glaucum).
Tipo de transmisión: inter vivos.
Antigos titulares: María Carmen Fernández Fernández, Luisa Fernández Fernández e Antonio Rosales Lorenzo.
Novo titular: Manuel Martínez Fernández (***8733**).
O novo titular subrógase no prazo, nos dereitos e nas obrigas dos anteriores.
Condicións particulares baixo as que se autoriza a transmisión da titularidade: o novo titular deberá achegar no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia, o orixinal ou a copia cotexada do documento notarial da transmisión e o xustificante da liquidación do imposto de transmisións patrimoniais ou de sucesións e doazóns.
Vigo, 22 de xuño de 2021
Sonia Lorenzo Santos
Xefa territorial de Vigo