Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Luns, 19 de xullo de 2021 Páx. 36973

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 22 de xuño de 2021, da Xefatura Territorial de Vigo, polo que se fai pública a transmisión da titularidade dos parques de cultivos mariños números 699, 700 e 700-5526, situados na zona marítimo-terrestre do Carril, termo municipal de Vilagarcía de Arousa.

Mediante este anuncio faise público que pola Resolución da Xefatura Territorial de Vigo da Consellería do Mar do 21 de xuño de 2021 autorizouse a transmisión da titularidade dos establecementos de acuicultura que se describen:

Establecemento 1:

Tipo de establecemento: parque de cultivos mariños.

Identificación e localización: parcela número 699 dos planos anexos ao documento de revisión dos parques de moluscos do Carril, termo municipal de Vilagarcía de Arousa.

Superficie: 763,87 m2.

Data da Resolución do outorgamento: 29.3.2019 (DOG núm. 76, do 22 de abril).

Remate da vixencia: 23.4.2029.

Establecemento 2:

Tipo de establecemento: parque de cultivos mariños.

Identificación e localización: parcela número 700 dos planos anexos ao documento de revisión dos parques de moluscos do Carril, termo municipal de Vilagarcía de Arousa.

Superficie: 667,00 m2.

Data da Resolución do outorgamento: 29.3.2019 (DOG núm. 76, do 22 de abril).

Remate da vixencia: 23.4.2029.

Establecemento 3:

Tipo de establecemento: parque de cultivos mariños.

Identificación e localización: parcela número 700- 5526 dos planos anexos ao documento de revisión dos parques de moluscos do Carril, termo municipal de Vilagarcía de Arousa.

Superficie: 7.419,57 m2.

Data da Resolución do outorgamento: 29.3.2019 (DOG núm. 76, do 22 de abril).

Remate da vixencia: 23.4.2029.

Especies autorizadas: ameixa fina (Ruditapes decussatus), ameixa babosa (Venerupis corrugata), ameixa xaponesa (Ruditapes philippinarum), berberecho (Cerastoderma edule) e berberecho birollo (Cerastoderma glaucum).

Tipo de transmisión: inter vivos.

Antigos titulares: Fernando Betanzos Garrido, Ramón Betanzos Garrido, José Manuel Betanzos Garrido e María Carmen Ulloa García.

Novos titulares: Nerea Betanzos Lois (***8968**), Brais Betanzos Lois (***8968**) e María Carmen Ulloa García (***3449**).

Os novos titulares subróganse no prazo, dereitos e obrigas dos anteriores.

Condicións particulares baixo as que se autoriza a transmisión da titularidade: os novos titulares deberán achegar no prazo máximo dun (1) mes, contado desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia, o orixinal ou copia cotexada do documento notarial da transmisión e o xustificante da liquidación do imposto de transmisións patrimoniais ou de sucesións e doazóns.

Vigo, 22 de xuño de 2021

Sonia Lorenzo Santos
Xefa territorial de Vigo