Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Luns, 19 de xullo de 2021 Páx. 36967

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 8 de xuño de 2021, da Xefatura Territorial de Vigo, polo que se fai pública a transmisión da titularidade do parque de cultivos mariños número 865, situado na zona marítimo-terrestre do Carril, termo municipal de Vilagarcía de Arousa.

Mediante este anuncio faise público que pola Resolución da Xefatura Territorial de Vigo da Consellería do Mar do 7 de xuño de 2021 autorizouse a transmisión da titularidade do establecemento de acuicultura que se describe:

Tipo de establecemento: parque de cultivos mariños.

Identificación e localización: parcela número 865 dos planos anexos ao documento de revisión dos parques de moluscos do Carril, termo municipal de Vilagarcía de Arousa.

Superficie: 120,00 m2.

Data da Resolución do outorgamento: 29.3.2019 (DOG núm. 76, do 22.4.2019).

Remate da vixencia: 23.4.2029.

Especies autorizadas: ameixa fina (Ruditapes decussatus), ameixa babosa (Venerupis corrugata), ameixa xaponesa (Ruditapes philippinarum), berberecho (Cerastoderma edule) e berberecho birollo (Cerastoderma glaucum).

Tipo de transmisión: inter vivos.

Antiga titular: Andrea Rodríguez Rosales.

Nova titular: Monserrat Aragunde Cores (***6922**).

A nova titular subrógase no prazo, dereitos e obrigas da anterior.

Condicións particulares baixo as que se autoriza a transmisión da titularidade: a nova titular deberá achegar no prazo máximo dun (1) mes, contado desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia, o orixinal ou copia cotexada do documento notarial da transmisión e o xustificante da liquidación do imposto de transmisións patrimoniais ou de sucesións e doazóns.

Vigo, 8 de xuño de 2021

Sonia Lorenzo Santos
Xefa territorial de Vigo