Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Luns, 19 de xullo de 2021 Páx. 36714

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería do Medio Rural

ORDE do 8 de xullo de 2021 pola que se designa a Marta Vázquez Dopico como presidenta do Consello Regulador da Indicación Xeográfica Protexida Pemento do Couto.

Tras o cesamento por petición propia de Ana Isabel García Castro como presidenta do Consello Regulador da Indicación Xeográfica Protexida Pemento do Couto, o Pleno deste organismo que tivo lugar o pasado día 6 de xullo elixiu a Marta Vázquez Dopico para ocupar o devandito cargo.

Conforme indica o artigo 20 do Decreto 4/2007, do 18 de xaneiro, polo que se regulan as denominacións xeográficas de calidade do sector alimentario e os seus consellos reguladores, unha vez elixida a persoa que representará a presidencia, deberá facerse o seu nomeamento mediante orde da consellería competente.

Polo anterior,

DISPOÑO:

Artigo único

Nomear presidenta do Consello Regulador da Indicación Xeográfica Protexida Pemento do Couto a Marta Vázquez Dopico.

Santiago de Compostela, 8 de xullo de 2021

José González Vázquez
Conselleiro do Medio Rural