Despois de advertir un erro na dita resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 125, do 2 de xullo de 2021, cómpre realizar a seguinte corrección:
Na páxina 33.814, no número segundo da parte dispositiva da devandita resolución, onde di: «Segundo. O importe total destinado ao financiamento destas subvencións correspondentes ao exercicio 2020 ascendeu a 6.000.000,00 €, con cargo á aplicación orzamentaria 13.04.312D.460.0 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2020.», debe dicir: «Segundo. O importe total destinado ao financiamento destas subvencións correspondentes ao exercicio 2020 ascendeu a 6.000.000,00 €, con cargo á aplicación orzamentaria 13.04.312D.460.0 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2020, procedente dos fondos transferidos polo Ministerio de Dereitos Sociais e Axenda 2030 á Comunidade Autónoma de Galicia ao abeiro do Real decreto lei 8/2020, do 17 de marzo, de medidas urxentes extraordinarias para facer fronte ao impacto económico e social da COVID-19».